CRTVG

Buscar

A Ponte Maceira, recoñecida como un dos lugares máis bonitos de España

Publicado o 01/08/2020 22:01

Só uns 60 veciños viven todo o ano nesta pequena aldea da Ponte Maceira, a escasos quilómetros de Santiago. Paso obrigado dos peregrinos no seu camiño cara a Fisterra é tamén nestes días lugar elexido por moitos turistas que buscan refresco nas augas do río Tambre.

Este ano, Ponte Maceira foi a única localidade galega que logrou entrar na selección dos pobos máis bonitos de España da que forman parte preto dun cento de lugares en todo o estado, entre eles Mondoñedo e Castro Caldelas.

A conservación do patrimonio, a contorna natural e a súa posta en valor foron determinantes para obter a distinción.

Hai só uns meses esta Ponte Maceira, que une os concellos de Ames e Negreira, lograba tamén a declaración de Ben de Interese Cultural da Xunta de Galicia.



 

Noticias web

01/08/2020