CRTVG

Buscar

Ponte Caldelas coloca nas rúas dispensadores públicos para desinfectar as mans

Publicado o 06/05/2020 13:35

"Protéxete para estar todos protexidos". Con esta mensaxe situada no frontal do dispensador de hidroxel, o Goberno municipal de Ponte Caldelas instalou o que chaman fontes desinfectantes nos puntos de maior afluencia de persoas, como nas rúas con tendas. Porque outra lenda que acompaña esta iniciativa é que "mercar en Ponte Caldelas é seguro".

"Esta foi unha idea xenial que tivo o noso alcalde", di un veciño e engade: "Colocáronos onte (29 de abril) e están tendo boísima aceptación. A xente valórao como algo pioneiro e fai moi uso deles. Están empezando a usalo cada vez máis e a verdade é que é xenial telo na rúa para poder usar o xel. Algo moi importante ao entrar nos establecementos".

Outra veciña di que "é unha boa iniciativa para a nosa protección tal e como está a situación agora mesmo, é unha axuda máis do Concello. Á parte das máscaras, agora o de lavar as mans con xel está moi ben".

O dispositivo, de fabricación propia na vila, solta unha dose de hidroxel cando se acciona o pedal. Recomendan desifectar as mans antes de entrar nos establecementos e ao saír deles. En Ponte Caldelas xa teñen oito en funcioamento e seguen a fabricar máis.

Noticias web

06/05/2020