Ponse en marcha un servizo de atención psicolóxica telefónica a través do 112
Entramos na terceira semana de confinamento e o lastre emocional na poboación vai aumentando. Un estudo publicado pola Sociedade Chinesa de Psicoloxía, tras varias semanas de illamento, determinou que un 42 % dos enquisados tiña síntomas de ansiedade e un 16% de depresión. Rompemos con toda a rutina, co lecer, as relacións sociais e familiares... e iso, unido á incerteza que xera a situación, ten un custo emocional alto.
Para intentar paliar no posible esas consecuencias psicolóxicas, púxose en marcha un servizo de atención telefónica a través do 112. Aténdeo o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicólogos de Galicia. Os colectivos máis vunerables son os que primeiro están recorrendo ao servizo.
Pero a peaxe psicolóxica do confinamento pode pasarlle factura a calquera. É importante manter unha actitude positiva, manterse activo e establecer rutinas.