CRTVG

Buscar

Bos días

Ponse en marcha a partir de hoxe o autobús escolar compartido en máis de 500 liñas

Publicado o 11/09/2017 09:28



A partir deste luns calquera cidadán pode subir aos buses escolares identificados con este distintivo de "bus compartido". Os horarios, as paradas e os itinerarios deberán ser publicitados polas empresas de transporte. Segundo o goberno galego, as únicas modificacións nas rutas serán "as derivadas das necesidades educativas" do alumnado.

O bus compartido comeza a funcionar no dez por cento das liñas escolares. A maioría nas provincias de Lugo e Ourense. E suporá a posta en marcha dun plan especial de inspeccións.

Os monitores do transporte escolar compartido con outros viaxeiros irán dende o comezo da ruta no bus para velar pola seguridade dos menores.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/09/2017