CRTVG

Buscar

Ponse en marcha a campaña Nadal en Galego para animar as empresas a etiquetar en galego

Publicado o 07/12/2017 15:02

A etiquetaxe en galego engade valor e axuda a vender os produtos autóctonos, segundo os empresarios do Foro Enrique Peinador, que traballa para galeguizar o mundo da economía. O foro pídelles a todos os produtores que etiqueten en galego.

A Secretaría de Política Lingüística e o foro empresarial Enrique Peinador acaban de poñer en marcha a campaña Nadal en Galego, coa que fan un chamamento aos industriais da comunidade a que etiqueten seus produtos en galego. Segundo din, cada ano son máis os que se suman á iniciativa.

Consideran que igual que o caviar se vende en todo o mundo con etiqueta en iraniano ou o vodka en ruso, o galego nos envases tamén proporciona valor engadido.

A campaña de Nadal anima ademáisd os consumidores a que merquen produtos autóctonos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017