Poñer en orde as nosas cousas persoais pode cambiar a mellor a nosa vida
Publicado o 03/03/2019 13:47
A orde, máis ben poñer orde, está de moda. Non hai máis que ver a cantidade de imaxes, fotos e vídeos de xente ordenando os seus gardarroupas, as súas oficinas ou as súas cociñas.
Boa parte da responsable desta febre da orde ten nome e apelidos, chámase Marie Kondo, a xaponesa de 34 anos que xa hai algúns anos converteu o seu libro La magia del orden nunha revolución para moitas persoas e que agora volve ser o centro de moitas conversas reais e virtuais, grazas a un programa nunha plataforma televisiva. Unha desas persoas ás que Marie Kondo lles cambiou a vida é Vanesa Travieso.