CRTVG

Buscar

Poñen en marcha un plan de remuda de tripulacións: a pandemia sorprende a frota de altura

Publicado o 08/05/2020 15:49

O peche das fronteiras e a supresión de voos procedentes de España deixaron as tripulacións dos barcos de grande altura sen posibilidade de remuda.

Entre os afectados están os que pescan nas augas de Mauritania, que xa hai semanas alertaban do duro que comezaba a ser a falta de mariñeiros de refresco.

As campañas teñen unha duración de entre tres e catro meses, pero algúns mariñeiros levaban xa máis de seis, polo que o Goberno decidiu poñer en marcha un operativo da Garda Civil para o traslado de tripulacións ata o país africano.

Os armadores aseguran tamén que a situación creada polo coronavirus fixo imprescindible o rescate de tripulacións esgotadas que evitaron a parada de toda a frota e garantiron o abastecemento de peixe.

 

Noticias web

08/05/2020