Poñen en marcha en Pontevedra un mapa web para rexistrar as feces caninas
Se vostede camiña polas rúas e parques de Pontevedra e lle preocupa pisar un excremento de can ou cadela saiba que agora pode andar con máis tranquilidade. Una iniciativa popular puxo en marcha una páxina web que amosa as zonas onde supostamente hai máis probabilidades de encontrar excrementos de animais. Chámase pontecaca.com.
"É cuestión de ter educacíón e civismo, todo o mundo que ten un can ten que ter as bolsas a man para recollelas. Ao final se hai alguén que non teña educación, por moito que haxa unha páxina na internet", afirma Miguel, o propietario de Xisca.
Steven, o dono de Luna, asegura que "maiormente todos andamos sempre coa nosa bolsiña, andamos todos como moi atentos. Pero uns poucos crean esa imaxe negativa de todos, dá un pouco de tristeza".
As persoas responsables de pontecaca.com prefiren manterse no animato e potenciar o carácter colaborativo da páxina. Calquera a través de Google My Maps pode sinalar os excrementos que encontre. Segundo os seus rexistros, as áreas preto dos parques infantís e algunhas rúas da zona vella son os puntos negros.
"Quizais as zonas de céspede é onde a xente se fai un pouco máis reacia a coller os excrementos cando ninguén ve", asegura a propietaria dun can. Amelia, a dona de Sam, relata que "vas polo centro e ás veces pola beirarrúa é horroroso, a min paréceme unha falta de educación, de civismo e de todo. Hai que recollelo, é unha obriga que tes. Eu recólloo sempre".
Tanto as persoas que posúen un animal coma aquelas que non coinciden: a clave para unha mellor convivencia está no civismo e no respecto cara aos demais.