CRTVG

Buscar

Pomar anima a acreditar a especialización do Campus Auga de Ourense

Publicado o 01/10/2019 14:42

A conselleira de Educación destacou hoxe a importancia de acreditar os campus periféricos de especialización. Nunha visita ao Campus Auga de Ourense, tanto ela como o reitor de Vigo sinalaron a excelencia da investigación e a docencia deste centro.

O Campus Auga de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, engloba seis áreas de investigación e as titulacións relacionadas coa xestión integral dos recursos hídricos e co tecido e a produción alimentaria. A conselleira de Educacion e o reitor visitaron as instalacións.

"O Campus Auga é un concepto de especialización na docencia, de especialización na investigación e de achegamento ao territorio. Estamos na Cidade das Burgas, na cidade da auga. Poñer en valor toda a investigación que se fai nestes centros do Campus Auga. Hai máis de 200 investigadores", dixo Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A conselleira animou a Universidade de Vigo a que inicie o procedemento de acreditación do Campus Auga para rematar o proceso de especialización iniciado en 2014, cando foi o primeiro campus periférico especializado de Galicia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019