CRTVG

Buscar

Polonia e Alemaña alcanzan o récord diario de contaxios

Publicado o 05/11/2020 13:26

O coronavirus avanza en Europa, a pesar do reforzo das restricións á mobilidade adoptadas pola maioría dos países para reducir os novos contaxios.

O segundo confinamento que entrou en vigor este xoves en Inglaterra prolongarase ata primeiros de decembro, e as rexións italianas con maior incidencia do virus piden que o peche case total de actividade se estenda a nivel nacional. Así de animados estaban os pubs de Londres pouco antes da entrada en vigor do novo confinamento para tratar de reducir os contaxios de coronavirus.

Os restaurantes, os ximnasios e as tendas e servizos non esenciais pecharán tamén durante as próximas catro semanas.

"Creo que todos teñen a mesma sensación de gozar da última noite porque o mes que vén quedaremos na casa".

"É como cando sobes ao metro e din "coidado coas portas", que pechan e tes que entrar antes de quedar illado".

Á hora límite a policía tivo que intervir para dispersar os máis reticentes a volver ás súas casas.

No resto de Europa, o virus segue circulando sen control. Nas últimas 24 horas, Alemaña rexistrou case 20.000 novos infectados e 118 falecidos máis.

Polonia superou o seu máximo diario desde o inicio da pandemia, con máis de 27.000 casos novos e 367 mortos por covid-19.

En Italia, as rexións máis afectadas protestan polo confinamento estrito en que entrarán este venres e outras piden estender a medida ao conxunto do país.

Noticias web

05/11/2020