CRTVG

Buscar

Polo menos tres mortos nun tiroteo rexistrado nunha boleira dos Ánxeles

Publicado o 05/01/2019 20:44

Polo menos, tres homes morreron e outros catro quedaron feridos nun tiroteo rexistrado esta noite nunha boleira da localidade de Torrance, no condado californiano dos Ánxeles. As tres vítimas morreron no acto dentro do propio local, onde o tiroteo comezou durante unha pelexa. A policía pediulles aos veciños que se manteñan afastados do lugar e busca os sospeitosos involucrados nos feitos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/01/2019