CRTVG

Buscar

Polo menos trece mortos no naufraxio dunha embarcación preto de Lampedusa

Publicado o 07/10/2019 16:55
Polo menos trece mortos no naufraxio dunha embarcación preto de Lampedusa

Polo menos 13 persoas morreron e outras 15 están desaparecidas polo afundimento dunha embarcación con migrantes e refuxiados fronte ás costas da illa italiana de Lampedusa, segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM).

O Centro de Operacións da Garda Costeira de Roma recibiu informacións do Centro de Resposta Única ( CUR) de Palermo a última hora do domingo sobre un pequeno bote cuns 50 migrantes preto de Lampedusa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí