CRTVG

Buscar

Polo menos dous mortos nun tiroteo na cidade alemá de Halle

Publicado o 09/10/2019 15:36

Dúas vítimas mortais é o saldo provisional do tiroteo ocorrido na cidade de Halle, no leste de Alemaña. E a policía acaba de informar da detención dun individuo relacionado co suceso, aínda que en principio habería máis implicados.

Segundo algunhas fontes, o ataque produciuse nun local de comida rápida turca e o autor dos disparos levaba un traxe militar e unha arma automática. 

Outras salientan que moi preto do lugar hai unha sinagoga e mesmo apuntan que tras os disparos se guindou unha granada de man contra o cemiterio contiguo, tamén xudeu, o que reforzaría a tese dunha motivación relixiosa no suceso.

Dáse a circunstancia de que hoxe se celebra o Yom Kippur o Día do Perdón na tradición hebrea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí