CRTVG

Buscar

Polo menos dous mortos e ducias de desaparecidos no derrubamento dun edificio en Fortaleza

Publicado o 15/10/2019 19:48
Polo menos dous mortos e ducias de desaparecidos no derrubamento dun edificio en Fortaleza

Polo menos dúas persoas morreron e outras cinco resultaron feridas tras o derrube este martes dun edificio residencial de sete pisos na cidade brasileira de Fortaleza, capital do estado Ceará (nordeste), confirmaron os bombeiros. Os bombeiros e diversas ambulancias desprazáronse ata o barrio Dionísio Torres, nunha rexión de clase media alta de Fortaleza, e, polo momento, polo menos sete persoas foron rescatadas con vida, tres das cales se atopaban baixo os entullos. Unha decena de persoas continúan en paradoiro descoñecido, polo que o número de vítimas podería aumentar nas próximas horas.

Noticias web

15/10/2019