Polo menos catro mortos e un desaparecido en riadas no norte de Turquía
Publicado o 12/08/2021 15:55
Turquía segue a loitar contra o lume, mais tamén contra a auga. As inundacións no norte do pais provocaron a morte de catro persoas e outra está desaparecida. Nas rexións do mar Negro caeron máis de 200 litros por metro cadrado.
As riadas destruíron casas, estradas e dúas pontes. Centos de persoas quedaron illadas e máis de seiscentas tiveron que ser rescatadas.
As predicións anuncian que esta tarde poden volver caer ata 100 litros por metro cadrado.