CRTVG

Buscar

Polo menos catro feridos por un tiroteo nun instituto en Texas

Publicado o 06/10/2021 19:19
Polo menos catro feridos por un tiroteo nun instituto en Texas
EFE

Polo menos catro persoas resultaron feridas por disparos hoxe durante unha pelexa no instituto de secundaria de Timberview na localidade de Arlington, en Texas (EUA), onde o autor do tiroteo fuxiu. 

Nunha conferencia de prensa, o xefe adxunto da Policía de Arlington, Kevin Kolvye, explicou que unha das vítimas sufriu feridas leves e rexeitou tratamento médico, mentres que os outros tres foron levados a un hospital. 

Kolvye precisou que tres dos feridos son estudantes e o outro é un adulto que cren que podería ser un profesor. Destacou que hai un sospeitoso, de 18 anos e alumno do centro, que a policía identificou e que fuxiu. 

Segundo as investigacións preliminares, as autoridades cren que houbo un pelexa nunha das aulas na segunda planta entre dous estudantes e que un dos dous empregou unha arma. A policía indicou que non se trata dun suceso de violencia fortuíta no centro, senón que foi unha pelexa. 

Durante o suceso pecháronse os accesos ao centro educativo, e que os estudantes e profesores estiveron confinados nas aulas e oficinas do instituto.

Noticias web

06/10/2021