CRTVG

Buscar

Polo menos 4 mortos e 260 feridos tras o terremoto de 6,4 na escala de Richter que sacudiu Albania

Publicado o 26/11/2019 09:56

Polo menos catro persoas morreron e unhas 260 están a recibir asistencia médica en hospitais de Tirana e Durres tras o terremoto dunha magnitude de 6,4 na escala de Richter que sacudiu esta mañá Albania e xa tivo varias réplicas importantes, segundo informaron as autoridades.

Segundo o Instituto de  Geociencias albanés, o sismo ocorreu ás 3.54 hora local (02.54 GMT), e o seu epicentro localizouse no mar Adriático, 10 quilómetros ao norte da cidade de Durres, e 40 ao oeste de Tirana, cunha profundidade de 38 quilómetros.

Moitos edificios derrubáronse e os habitantes das cidades afectadas saíron en pánico á rúa.
A primeira falecida achada foi unha muller que quedou sepultada ao derrubarse un edificio na cidade costeira de Durres, a máis afectada polo terremoto.

Os equipos de rescate están a traballar para salvar outras persoas, membros de dúas familias atrapadas no mesmo edificio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí