CRTVG

Buscar

Polo menos 26 mortos e 800 desaparecidos tras o tremor de Turquía e Grecia

Publicado o 31/10/2020 09:56

Un terremoto deixou polo menos 26 mortos en Turquía e Grecia. O tremor, de 6,9 graos de magnitude, rexistrouse pouco antes das 3 da tarde, hora turca, no mar Exeo, a 17 quilómetros de Esmirna.

A terceira cidade máis grande de Turquía sufriu a parte máis dura do tremor: catro edificios derrubáronse e outros dezasete víronse danados, co resultado de polo menos 24 persoas falecidas. Outra morreu afogada no tsunami que se declarou tras o sismo. Hai máis de 800 feridos.

Os efectos do tremor tamén se deixaron sentir en Grecia. Na illa de Samos, ata onde tamén chegou un pequeno maremoto, morreron dúas persoas.



 

Noticias web

31/10/2020