CRTVG

Buscar

Polo menos 16 mortos nun dos peores terremotos da historia de Albania

Publicado o 26/11/2019 16:35
Polo menos 16 mortos nun dos peores terremotos da historia de Albania

Polo menos 16 persoas morreron, entre eles dous nenos, como consecuencia dun terremoto de magnitude 6,4 na escala aberta de Richter rexistrado na capital de Albania, Tirana, o maior sismo que sufriu o país nas últimas décadas, segundo o balance de vítimas proporcionado pola cadea local News24.

O movemento telúrico rexistrouse pouco antes das 4.00 horas do martes, segundo as estimacións do Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS), sendo o segundo tremor forte rexistrado nos últimos dous meses. Viu precedido de varios tremores de menor intensidade.

O terremoto tivo o seu epicentro a 30 quilómetros ao oeste de Tirana, con hipocentro a unha profundidade de dez quilómetros, segundo o USGS. A zona viviu tamén máis dun centenar de réplicas e, horas despois do primeiro sismo, rexistrouse outro de magnitude 5,4 en Bosnia e Herzegovina.