Polo menos 15 nenos morren nun incendio nun orfanato en Haití
Publicado o 15/02/2020 12:09
Polo menos 15 nenos morreron nun incendio ocorrido en Haití nun centro situado nas colinas de Pétion-Ville, no sur da capital. A causa do icendio puido ser unha candea que caeu sobre unha táboa de madeira. O lume propagouse rápidamente polas instalacións, que non tiñan licenza para operar pero acollían uns 66 rapaces e estaban rexentadas por unha congregación relixiosa dos Estados Unidos.