CRTVG

Buscar

Polo menos 14 mortos nun caiuco que foi rescatado en Fuerteventura

Publicado o 31/08/2021 10:36
Polo menos 14 mortos nun caiuco que foi rescatado en Fuerteventura

EFE

EFE

Entre 14 e 20 persoas morreron cando tentaban chegar ás Canarias nunha pequena embarcación que foi rescatada esta madrugada en Furteventura, segundo o testemuño dos sobreviventes, informaron a Efe fontes da Delegación do Goberno na illa.

As mesmas fontes confirmaron o falecemento de dúas persoas ao chegar a terra, así como que o caiuco partiu desde Tan-Tan, cidade ao sur de Marrocos, o venres pasado cunhas 60 persoas, todas de orixe subsahariana.

Na embarcación, que foi localizada ás 3:00 horas deste martes a uns 18 quilómetros do faro da Entallada, navegaban 31 persoas -15 homes e 16 mulleres-.Segundo o testemuño dos ocupantes do caiuco, os falecidos foron botados á auga. 

 

Noticias web

31/08/2021