CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Polo menos 12 mortos, varios deles menores, nun accidente de tráfico na Arxentina

Publicado o 26/06/2017 15:11

Traxedia na Arxentina. Un autobús envorcou nunha zona de alta montaña deixando ata o de agora 15 víctimas mortais. Ten máis datos Cristina Terceiro dende Bos Aires. Na Arxentina, o país espertou conmoviconado pola morte de 15 persoas, na súa maioría menores, nun accidente de autobús en San Rafael, a uns 1000 kilómetros ó oeste de Bos Aires.

Tódolos indicios apuntan a un exceso de velocidade nunha zona de montaña con moitas curvas como a causa do sinistro, pero as investigacións continúan para tentar esclarecer a que xa foi declarada como a peor traxedia viaria de San Rafael. No autocar viaxaban 52 persoas, na súa maioría pertencentes a un grupo de danza bonaerense que fora pasar uns días a Mendoza. Polo momento, ademáis dos falecidos, hai 21 persoas feridas, catro delas en estado grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí