CRTVG

Buscar

Polo menos dez mortos nun tiroteo en Colorado

Publicado o 23/03/2021 08:29
Polo menos dez mortos nun tiroteo en Colorado

Un tiroteo indiscriminado nos Estados Unidos deixa polo menos dez persoas mortas. Sucedeu este luns nunha zona residencial da localidade universitaria de Boulder, en Colorado.

Un home armado empezou a disparar de repente e sen mediar palabra nun supermercado. A policía detivo o pistoleiro, pero descoñécese o motivo da súa acción.

Noticias web

23/03/2021