CRTVG

Buscar

Política Social pídelle información ao Goberno para atender axeitadamente os menores non acompañados de Ceuta

Publicado o 25/05/2021 15:11

A Xunta insta o Goberno a concretar cando enviará os fondos para atender os menores non acompañados procedentes de Ceuta. O executivo aprobou un crédito extraordinario de 5 millóns de euros para as comunidades que acollan menores inmigrantes.

Fabiola García solicitoulle á ministra de Dereitos Sociais información precisa para atender de maneira axeitada os menores. A titular de Política Social lembrou que Galicia é solidaria e vai colaborar tal e como se lle solicita, pero cuestionou a xestión da crise que fixo o Goberno central por considerala improvisada.

Noticias web

25/05/2021