CRTVG

Buscar

Política Social destina 18 millóns de euros a entidades de iniciativa social

Publicado o 28/12/2020 14:32

O comedor social de Cangas vai recibir unha achega da Xunta de 185.000 euros. A metade dos cartos destinaranse á compar o local onde a asociación de caridade Santiago Apóstol de Cangas desenvolve o seu labor de atención a persoas desfavorecidas, e o resto destinarase para o mantemento do comedor.

A conselleira de Política Social, que esta mañá visitou as instalacións, destacou a posta en marcha da Tarxeta Básica, que axuda a máis de 28.000 familias gelegas para a compra de produtos básicos, e o adianto da paga do Risga para que os beneficiarios reciban a prestación canto antes.

"E continuaremos tamén apoiando ese adianto da RISGA para todas as persoas que teñen máis necesidades. En definitiva, o goberno galego volve estar ao carón das entidades de iniciativa social, entidades ás que lle debemos todo porque elas dano todo para coidar as persoas e as familias que peor o están a pasar", explicou a conselleira, Fabiola García.

Noticias web

28/12/2020