A Xunta promove os polígonos agroforestais para loitar contra o abandono de terras
Publicado o 23/10/2021 21:53
A Xunta investirá 5,3 millóns de euros o vindeiro ano para impulsar a lei de recuperación da terra. Unha desas ferramentas son os polígonos agroforestais, que pretenden xerar actividade económica nas parcelas abandonadas de Galicia.
Un deses polígonos queren instalalo en Crecente, onde esta tarde o conselleiro de Medio Rural mantivo unha reunión cos 183 propietarios desas parcelas, situada en Madelos, para convertelas en cultivos de viñedo da denominación de orixe Rías Baixas.
Unha aposta da Administración autonómica que quere xerar actividade económica no campo, fixar a poboación ao tempo que se avanza na prevención e na loita contra os incendios forestais. Unha actuación voluntaria que require do consentimento dos propietarios.