CRTVG

Buscar

Policías e gardas civís de Galicia saen cara a Madrid para reclamar a equiparación salarial

Publicado o 06/04/2019 10:44

Preto duns cincocentos axentes, entre policías nacionais e gardas civís, partiron desde diferentes puntos de Galicia cara á manifestación que se vai celebrar este mediodía en Madrid, segundo a plataforma Jusapol, organizadora do evento. Reclaman a equiparación salarial real con outros corpos policiais, coma os autonómicos.

Moitos dos participantes de Galicia saíron a primeira hora desta mañá da estación de trens de Ourense. Os organizadores rexeitan os acordos asinados co Ministerio de Interior para equiparar os seus soldos aos de corpos coma os Mossos d'Esquadra, por consideralos insuficientes. 

Tamén denuncian que con esta negociación quedarían fóra trece mil familias de axentes en segunda actividade e reserva, polo que seguirán reclamando o que denominan unha equiparación salarial real.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019