CRTVG

Buscar

Policías de Vigo aplauden o persoal dun supermercado

Publicado o 30/04/2020 19:37

Axentes da Policía Nacional e da Local de Vigo trasladaron esta tarde o seu agradecemento ao persoal dun supermercado da cidade. Con este aplauso e facendo soar as sirenas das súas motos, os policías recoñeceron a profesionalidade e o labor esencial destes traballadores, expostos a un dos contextos con máis risco de contaxio.

Noticias web

30/04/2020