CRTVG

Buscar

Policía e Garda Civil intensifican os controis por estrada

Publicado o 21/03/2020 22:34

Segundo a Secretaria xeral de Transportes, as medidas de confinamento están funcionando. Di que así o demostra que o número de viaxes realizadas no transporte público segue baixando día a día. Os AVE circulan prácticamente baleiros e o número de usuarios de autobús e de pasaxeiros de voos peninsulares caeron un 91% e un 68%, respectivamente.
As Forzas Armadas continuaron hoxe co seu traballo de vixilancia, e de desinfección de portos e aeroportos. Despregaron unidades militares con 2.800 efectivos, 160 máis ca onte, en 82 localidades.
As forzas e corpos de seguridade do Estado seguen intensificando os controis nas estradas. A Policía detivo desde que comezou o estado de alarma máis de 250 persoas. Só onte levantaron 6.000 actas por desobediencia grave. A Garda Civil detivo nas últimas 24 horas 25 persoas.
Desde a Garda Civil piden aos cidadáns que activen nos seus móbiles a aplicación Alertcops do Ministerio de Interior para denunciar delitos como os relacionados coa violencia machista.

Noticias web

21/03/2020