CRTVG

Buscar

Polémica por un comentario de Beiras nas redes sociais tras o 26M

Publicado o 30/05/2019 16:13

Resaca da debacle das Mareas municipais nas eleccións locais. Xosé Manuel Beiras, o histórico dirixente nacionalista, volve levantar a polémica nas redes sociais. Esta é a súa valoración dos resultados das eleccións municipais en Santiago, nas que gañou o socialista Xosé Sánchez Bugallo. Para Beiras, confírmase así que a etimoloxía de Compostela deriva de 'compositum', que significa depósito de restos humáns en descomposición. O comentario xerou controversia entre os internautas.



 

Noticias web

30/05/2019