Polémica polos atrasos na apertura do novo auditorio de Lugo
En total trascorreron 242 días dende que o concello de Lugo recibiu o auditorio por parte da Xunta. As instalacións seguen pechadas e sen data de apertura. A denuncia faina o PP que acusa o Goberno local de abandono e falta dun proxecto de contidos para este centro cultural.
"As garantías dalgúns equipos xa caducaron debido a desidia, a catro anos de esperas, enredando por parte do BNG e do PSOE", denuncia Antonio Ameijide, vicevoceiro municipal do Partido Popular.
A alcaldesa de Lugo di que os atrasos se deben as deficiencias coas que se entregou o edificio e que agora o concello ten que arranxar para poder abriren as instalacións con seguridade.
"Estanse valorando e cuantificando esas deficiencias para facer a contratación e subsanalas, o que non vou facer é abrir a porta sen ter garantida a seguridade de cada unha das persoas que entren no novo auditorio", asegura Lara Méndez.
Polas súas características, cando comece a funcionar o auditorio será un referente en toda a provincia. Agárdase que nestas instalacións se concentra unha gran parte da actividade cultural de Lugo.