CRTVG

Buscar

Polémica polo traslado do mercado de Tui

Publicado o 18/06/2020 15:19

Preto dun cento de comerciantes ambulantes e de veciños de Tui concentráronse esta mañá no paseo da Corredoira, un dos enclaves habituais do mercado dos xoves de Tui que hoxe se trasladou por primeira vez a outra zona.

Á nova localización só acudiu un terzo dos comerciantes. Consideran que a zona non está ben acondicionada, que está asfastada do centro e que non está ben dotada de urinarios.

O voceiro da Policía Local argumenta que o cambio é necesario para cumprir as normas para frear a expansión da covid.

Tamén critican que o Concello non cobre taxas aos que se resituaron. Malia estas opinións, si que houbo mercado no contorno de Camfram, aínda que a asistencia foi dun 25%, tamén aquí había partidarios do novo enclave.

Non é a primeira vez que os distintos últimos gobernos que houbo en Tui tentan sacar o mercado do centro.

 

Noticias web

18/06/2020