CRTVG

Buscar

Polémica polo aforcamento en Santiago dunha boneca coa cara de Carmen Calvo

Publicado o 20/02/2021 19:48

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, denunciou ameazas pola aparición nunha praza de Santiago este sábado dun boneco crítico coa súa posición contra a lei trans proposta por Podemos.

A orixe da súa denuncia está nesta boneca coa cara da vicepresidenta, que apareceu colgada dunha árbore na praza do 8 de marzo.

A boneca xa foi retirada pola Policía Local, pero a súa publicación en varios medios fixo que Carmen Calvo denunciara os feitos nas súas redes sociais. Asegura que nin a violencia nin as ameazas teñen cabida. Este polémico "aforcamento" foi condenado pola maioría das forzas políticas.

Noticias web

20/02/2021