CRTVG

Buscar

Polémica polas viaxes de fin de curso canceladas

Publicado o 24/04/2020 20:11


Contrataron as viaxes para os fillos, pagaron nos prazos previstos e agora queren cancelar e que as axencias lles devolvan os cartos. Pero semella que non o teñen tan doado

 "Teñen dereito a un reembolso, pero é un reembolso parcial, é dicir descontaranse todos aqueles cartos que as axencias ou minoristas lles aboaron aos provedores e que os provedores non lles devolveran", sinala Dolores Blanco

A alternativa que se lles ofrece é acabar de pagar a viaxe e recibir un bono para realizala máis adiante. As axencias de viaxes pídenlles tempo e confianza

" A incerteza é máxima en todo e as compañía aéreas están pechadas, os hoteis están pechados... todo o mundo está con ERTE, as propias axencias estamos traballando con ERTE baixo mínimos. Entón necesitamos tempo, require paciencia por parte de todo o mundo", di o presidente da Asociación de Axencias de Viaxes

Aseguran que a súa intención é buscar a solución menos gravosa para as dúas partes
 

Noticias web

24/04/2020