CRTVG

Buscar

Polémica polas terrazas no barrio coruñés de Matogrande

Publicado o 19/07/2021 14:36

Nesta época estival, as terrazas énchense de consumidores que queren gozar ao aire libre. Porén o principal inconveniente aflora cando as mesas e mais as cadeiras invaden o espazo de tránsito dos peóns. "Mira, por aquí hai veces que non podes pasar e tes que facelo pisando o xardín".

O problema agrávase cando é unha persoa con mobilidade reducida ou que leva un carriño. "O meu marido usa unha muleta e xa non sae a pasear polo barrio, ponse nervioso porque non ten por onde ir...".

Critican tamén que nalgúns casos non teñen en conta os criterios sanitarios para protexer os viandantes e veciños.

Porén, a outros non os amolan tanto porque din que isto non pasa todo o ano. "É só no verán e co mal que o están a pasar os hostaleiros..."

Din que ninguén está en contra dos locais de hostalería, pero que é preciso non esquecer os dereitos dos peóns para ter unha boa convivencia.

 

Noticias web

19/07/2021