CRTVG

Buscar

Polémica polas algas secas que se acumulan nas praias de Redondela

Publicado o 05/08/2020 14:54

Hai polémica en Redondela pola retirada das algas das praias. O Concello decidiu reducila para evitar, di, a perda de area. Pero algúns veciños non están para nada conformes e están dispostos a recoller as algas pola súa conta.

Os areais de Cesantes e de Arealonga son un dos mellores escaparates turísticos que ten o concello de Redondela. Con todo, o seu estado nesta época estival non é o mellor, segundo manifestan os seus usuarios. Amosan as súas queixas porque non hai limpeza e pola carencia do servizo de retirada de algas.

Os usuarios din que as algas secas provocan unha mala imaxe da praia e xeran malos cheiros. Critican o abandono costeiro entre A Punta e a zona portuaria.

O concelleiro de Medio Ambiente de Redondela manifestoulle á Televisión de Galicia que na praia si hai retirada de algas pero que tan só se fai unha vez á semana se hai unha grande acumulación. Asegurou que hai estudos da Universidade de Vigo que recomendan que non se retiren do litoral.

Noticias web

05/08/2020