CRTVG

Buscar

Polémica pola tributación das axudas á incorporación de mozos ao rural

Publicado o 06/06/2019 14:48

Facenda só atenderá as reclamacións sobre a tributación das axudas para incorporación de mozos á actividade agraria nos casos en que hai sentenza.
Unións Agrarias asegura que así llo confirmou a delegada especial de Facenda en Galicia. Isto aféctalles aos que pediron as subvencións e tiveron que pagar o IRPF pola contía total no primeiro exercicio, en vez de repartido en varios e reducir, deste xeito, a cotización. O sindicato contaba con que lles devolvesen os cartos a todos os que xa pagaron. Coa actual decisión de Facenda, só recibirán a devolución catro afectados.

Total Roberto García- Secretario xeral de Unións Agrarias: "A delegación especial de Facenda dinos que ela, pese ás catro sentenzas do tribunal, que non recorreu, é dicir, aceptou, só lles vai aplicar a eses catro gandeiros a devolución. O que nos parece unha situación, á parte de inxusta no trato inicial, trileira no xeito de xestionala"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019