Polémica pola proposta de Ada Colau de suprimir a ponte aérea para combater a contaminación
Publicado o 09/01/2020 14:56
O Goberno de Ada Colau argumenta que existe unha alternativa ferroviaria, por iso reclama a supresión da ponte aérea. Pero a proposta non semella posible co marco regulatorio actual.
Nin Aena nin o Ministerio de Fomento poden suprimir rutas xa establecidas. Dende o aeroporto do Prat esgrimen, amais, os seus datos: a conexión aérea que Iberia opera dende 1974 entre Madrid e Barcelona moveu en 2019 2,3 millóns de usuarios, o que supón o 19 por cento da actividade do aeroporto barcelonés. Entre os pasaxeiros hai división de opinións.
O Goberno de Colau quere seguir así os pasos de Holanda e Francia, que xa debaten a supresión dalgunhas rutas curtas para combater a contaminación.