CRTVG

Buscar

Polémica pola peonalización da Cidade Vella da Coruña

Publicado o 16/05/2018 15:02

Polémica pola peonalización da Cidade Vella da Coruña. O proxecto suporá a eliminación duns 200 vehículos que acotío estacionan nas rúas da zona histórica. Unha situación que amola, e moito, os veciños e comerciantes, que piden prazas de estacionamento en superficie que lles garantan onde deixar o seu coche.

A partir do 25 de xuño, prohibirase estacionar en todas as rúas da zona histórica da Coruña e limitarase a circulación por elas. Isto é o que recolle o plan de peonalización que amola os comerciantes e veciños, sobre todo pola eliminación de 200 prazas de estacionamento.

Fixéronlle saber todo isto ao Concello, que tardou 24 horas en rectificar. Están a estudar xa as zonas da Maestranza e da Porta Real como alternativas para os veciños do centro histórico.

Nos próximos días manterán unha xuntanza cos responsables de Urbanismo e Mobilidade para tratar de, entre todos, chegaren a unha solución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018