CRTVG

Buscar

Polémica pola celebración dunha voda sen empregar máscaras ni gardar as distancias

Publicado o 08/02/2021 14:07

Tan só os camareiros e o fotógrafo levan posta a máscara. Son imaxes dunha voda celebrada esta fin de semana no Casino de Madrid, que están a xerar numerosos comentarios críticos nas redes sociais. Ningún invitado dos que aparecen nas gravacións leva a obrigatoria protección nasobucal nin garda as distancias de seguridade.

A ignorancia das medidas de prevención non é un caso illado. Tan só en Madrid durante esta fin de semana a Policía Local interveu na disolución de 246 festas ilegais.

Coas luces apagadas e en silencio, os máis de 50 mozos que participaban nesta festa ilegal do barrio de Chamberí pretendían despistar os axentes da Policía Local madrileña. Os participantes foron denunciados por incumprimento das medidas sanitarias.

Situación similar produciuse en Alacante, onde a Policía Nacional disolveu unha xuntanza en que participan un cento de mozos, algúns deles menores de idade. O lugar onde celebraban a festa, de difícil acceso, foi localizado coa axuda dun dron.

 

Noticias web

08/02/2021