CRTVG

Buscar

Polémica pola celebración dunha unha voda xudía en Nova York sen ningunha medida de seguridade contra a covid-19

Publicado o 23/11/2020 19:32

Distancia pouca e, aparentemente, ningunha máscara había neste casamento. Trátase dunha voda secreta na comunidade xudía de Brooklyn, en Nova York, onde se xuntaron máis de 7.000 persoas.

Casaba o neto dun importante rabino da cidade e a convocatoria ao acto realizouse de boca a boca para que ninguén o soubese. Os membros desta comunidade desconfían das vacinas e das medidas de seguridade para o control das enfermidades infecciosas. Logo de filtrarse estes vídeos, a polémica xa está servida.


 

Noticias web

23/11/2020