CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Polémica na Rede tras recomendar a RAE o uso de 'Sanjenjo' e 'Sangenjo'

Publicado o 06/06/2018 21:43


Damos agora unha volta polas redes.

A polémica nas últimas horas saltou por un tema recorrente: a toponimia galega. Todo a raíz dun chío da Real Academia Española en que recomenda escribir en castelán Sanjenjo. Primeiro con dous iotas e logo con gue e iota. Unha recomendación que suscitou moitas críticas de persoas que defenden o topónimo oficial Sanxenxo.

Para esta noite, animámolos a que nos sigan nas redes sociais. Temos 'Onde collen dous', coa historia de catro familias galegas, e un novo capítulo de 'Que casas!'. Iso esta noite, porque mañá temos: a mellor fariña do mundo!

A mellor fariña e Land Rober para a noite do xoves. Que máis se pode pedir?
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

06/06/2018