CRTVG

Buscar

Polémica na praza de abastos de Santiago pola redución de postos ao aire libre

Publicado o 11/09/2020 16:25

Na Praza de Abastos, as principais afectadas polas novas medidas contra a covid-19 son as vendedoras ao aire libre. Habitualmente son 22 as que teñen aquí o seu posto, pero desde hai unha semana, só 7 vendedoras cada dia poden vender os seus produtos.

Debido á redución de ocupación comercial ao 50%, vixente desde a fin de semana pasada en Santiago, vense obrigadas a facer quendas para vender os seus produtos na praza.

Despois dun mes de agosto en que a actividade turística impulsou as vendas na praza, as novas restricións supoñen, segundo din as vendedoras, un pequeno paso atrás do que esperan recuperarse o antes posible.

Noticias web

11/09/2020