CRTVG

Buscar

Polémica na Garda Civil por un vídeo do corpo lanzado na rede social TikTok

Publicado o 02/12/2020 20:58

As forzas de seguridade teñen cada vez máis presenza nas redes sociais. Só hai que ver este vídeo da Garda Civil en TikTok ao ritmo da famosa canción Jerusalema. Pero como nunca chove a gusto de todos, o vídeo causou polémica entre o propio corpo. Mentres uns defenden que é o xeito de chegar ao público máis novo, outros como a Unión de Oficiais da Garda Civil, son críticos porque consideran que dana a imaxe da Benemérita e ata cualifican o vídeo de bochornoso.


 

Noticias web

02/12/2020