CRTVG

Buscar

Polémica limpeza no pazo de Fefiñáns, en Cambados

Publicado o 28/02/2019 14:15

Son as pegadas que deixou a limpeza que hai uns días acometeu o Goberno local de Cambados na contorna do pazo de Fefiñáns. Os veciños da zona aseguran que a auga a presión empregada danou parte da fachada deste inmoble e a beirarrúa que hai na praza deste espazo, declarado Ben de Interese Cultural e que milleiros de persoas visitan ao ano.

E mentres o veciños debaten sobre a conveniencia do sistema empregado, o Partido Popular anunciou que vai poñer o caso en coñecemento de Patrimonio e, dende a oposición, esixirán responsabilidades ao Goberno local.

O concelleiro de Obras de Cambados asegura que a limpeza cumpriu coa normativa e non quixo facer máis declaracións ao respecto.

Noticias web

28/02/2019