Polémica en San Xosé de Ribarteme polo peche da igrexa
A lea polas obras e o cambio de localización fóra do altar maior da Virxe de Santa Marta de Ribarteme está enquistada entre os fregueses. Representantes dos veciños denuncian que a igrexa está pechada, que non poden ir á misa e que dende o bispado non lles dan resposta.
Culpan dos cambios e os enfrontamentos o novo consello parroquial. O pasado 29 de xullo, día da festa grande na honra de santa Marta en Ribarteme, estivo marcado pola covid-19 e a polémica. Non houbo a tradicional procesión de cadaleitos e a misa celebrouse nunha carpa habilitada para a ocasión. Os veciños protestaron a carón da igrexa, e a tensión levou mesmo a agresión a un equipo da Televisión de Galicia.
Os veciños temen que toda esta tensión afecte unha tradición que este ano estreaba a distinción de festa de Interese Turístico de Galicia.