CRTVG

Buscar

Polémica en Ponteareas polas novas normas da ludoteca municipal

Publicado o 02/01/2020 17:24

Restrinxe o acceso aos nenos máis pequenos e aos que padecen determinadas doenzas. O Partido Popular na oposición acusa o Goberno local de excluír algúns nenos. Desde o Goberno bipartito do BNG-PSOE din que os populares queren desinformar a cidadanía. 

O novo regulamento para o uso da ludoteca municipal prohíbe a entrada a rapaces menores de seis anos cando ata agóra asistían desde os dous. Tampouco poderán asistir os nenos con enfermidades como a hepatite e o VIH. Aprobouse no último pleno da corporación cos votos a prol do goberno bipartito do BNG-PSOE e co apoio de Alternativa Ciudadana. En contra votou o PP pòr considerar que a normativa é excluínte.
A concelleira de Benestar social rexeitou facer declaracións. A través dun comunicado afirma que ata os seis anos os nenos non teñen interiorizado o xogo e respecto as enfermidades din que se trata de evitar contaxios. Desde o Partido Popular preparan alegacións para que o regulamento non saia adiante.



 

Noticias web

02/01/2020