Polémica en Ponteareas pola semipeonalización de varias rúas
Publicado o 10/02/2020 14:41
En varias rúas de Ponteraeas teñen prioridade os peóns e as bicicletas. Son zonas semipeonís en que, en horario de tarde, non poden circular vehículos, salvo os dos residentes e os que se dirixen á farmacia de garda. Para algúns veciños, estas excepcións provocan moita inseguridade, de xeito especial para os cativos que xogan nunha zona en que, supostamente, deberían ter prioridade.
E entre os comerciantes hai diferentes posturas. Para algúns, a semipeonalización favorece os seus negocios. Outros demandan certa flexibilidade e hai quen se opón por completo a darlles prioridade aos peóns.
Veciños e comerciantes agardan poder chegar a consenso. Mentres, reclaman presenza policial para facer posible a convivencia de vehículos e peóns.