CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Polémica en París tras a instalación dun urinario ecolóxico para homes na illa de San Luis

Publicado o 15/08/2018 21:33
Controversia en París tras a instalación dun urinario ecolóxico para homes na turística illa de San Luis. Metálicos e pintados de vermellos, deixan os seus usuarios bastante ao descuberto e con vistas directas ao río Sena. A urina vai directa a un colector de palla que o Concello recolle para xerar fertilizante. Moitos veciños e comerciantes considéranos vulgares e ata exhibicionistas. As autoridades non descartan un cambio de localización , pero agardarán a setembro para facer balance.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

15/08/2018