CRTVG

Buscar

Polémica por un cartel que compara os líderes políticos cos membros de La Manada

Publicado o 06/03/2019 21:06

Polémica en Olot por un mural que compara o rei e varios lideres políticos con La Manada. O PSOE di que atenta contra os dereitos das persoas e o PP pide a súa retirada por consideralo ofensivo. O Concello de Olot apela ao respecto á liberdade de expresión.

Cada mes os artistas de La Garrotxa colgan neste espazo unha obra que reinterpreta en clave de actualidade o cadro A carga de Ramón Casas. Desta volta un mural mostra a Filipe VI, Sánchez, Ribera, Casado e Abascal a cabalo baixo o título La Manada en letras violeta. O autor di que quixo vincular o 8-M coa situación política e que a obra representa o mito do macho ibérico e a chulería dunha clase política rancia que se resiste a desaparecer. Pero o PSOE condenou a súa exposición nun lugar público e o PP pediu a súa retirada por consideralo ofensivo co monarca e os líderes políticos. O alcalde di que ceden o espazo e non lles preguntan aos artistas que van poñer nel. 

Josep María Corominas, alcalde de Olot: "Eu enmárcoo dentro da liberdade de expresión e dentro do que é a cultura e a arte. "Moitas veces expresións artísticas e culturais son provocativas e poden xerar un certo debate".

O alcalde asegura que non lles chegou ningunha petición oficial pedindo a retirada do mural e que, se lles chega, estudarana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019